Idiomas
¡Te entendemos!
PROXECTO DE PLURILINGÜISMO
Desde a Fundación Educativa Amor de Dios Vigo somos conscientes da riqueza lingüística que vivimos na actualidade e por iso outorgamos unha importancia fundamental ao estudo das diferentes linguas que conceden o carácter plurilingüe ao noso centro: as dúas oficiais nas que pretendemos que o noso alumnado adquira un coñecemento pleno e as dúas linguas estranxeiras.
O artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia dispón que os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e que todos teñen o dereito de coñecelos e usalos. Polo tanto, o principio fundamental do proxecto lingüístico do centro será garantir a adquisición dunha competencia en igualdade nas dúas linguas oficiais.
Ademais, a realidade social europea na que vivimos, nun contexto de globalización e mobilidade laboral, sitúanos nun espazo internacional de plurilingüismo. Coa adquisición dunha primeira e segunda lingua extranxeira, inglés e francés respectivamente, pretendemos dotar o noso alumnado coa capacitación efectiva de atender a unha necesidade apremiante.
O obxectivo xeral da planificación é que os rapaces teñan, ao final de cada unha das etapas educativas que atravesan, a mesma competencia lingüística en galego e castelán, tratando de acadar un equilibrio entre as dúas linguas e fomentando o plurilingüismo como modelo idóneo de aprendizaxe.
A comunicación global nun mundo cada vez máis interconectado permitirá ao alumnado establecer relacións persoais e profesionais a nivel mundial, poderán acceder a un mundo de coñecemento máis amplo e achegaralles un enriquecemento cultural aprehendendo unha nova cultura, os seus costumes e a súa forma de ver e entender o mundo.
de modo que os alumnos adquiran un coñecemento efectivo nunha lingua estranxeira como o inglés ao longo de toda a súa etapa escolar (do primeiro curso en infantil ata o último de bacharelato) e do francés (ESO).
No noso caso, hai dous aspectos que nos parecen fundamentais na impartición da materia de galego: a lingua é o principal vehículo de transmisión da cultura e o seu dominio contribúe á construción dunha identidade galega sólida que permite sentírmonos orgullosos das nosas orixes. O amor pola lingua galega no Colexio é unha inversión de futuro, estamos seguros de que fomentando este sentimento no alumnado construiremos unha sociedade máis xusta, máis inclusiva e máis rica.