"Sen biblioteca, que temos? Nin pasado nin futuro"
Biblioteca Amor de Dios
O Colexio Amor de Dios conta cunha biblioteca que pretende converterse no cerebro e o corazón do noso centro educativo.
O cerebro porque a lectura é alimento para o noso entendemento, proporciónanos as ferramentas para acceder a información, entender o que significa, incorporala ás nosas vidas e facer de nós cidadáns e cidadás responsables.
Pero tamén se preocupa do noso corazón. Os libros son xanelas abertas a outros mundos, a outras realidades que enriquecen a nosa e, ao redor dos libros, técense redes con outros que coma nós gozan coa lectura.
Por iso estamos aquí para a nosa comunidade educativa: familias, alumnado e profesorado.
Club de Lectura
O Club de Lectura é unha comunidade vibrante onde os amantes dos libros reúnense para compartir a súa paixón pola lectura. Organizamos encontros semanais onde discutimos as nosas lecturas actuais e planificamos eventos literarios.
Eventos Biblioteca

Día das Bibliotecas
O 24 de outubro de 2025 celebramos o Día das Bibliotecas, e no Colexio Amor de Dios queremos facelo dun xeito especial. Para nós, a biblioteca non é só un lugar cheo de estantes e libros; é un espazo de encontro, un refuxio de imaxinación e a porta de entrada a mil aventuras sen saír do centro.
Esta data lémbranos a importancia de protexer a cultura e o libre acceso á lectura. Este ano, baixo o lema da nosa biblioteca, queremos poñer en valor:
-
A lectura como aventura: Porque cada libro que abrimos é unha viaxe nova.
-
A biblioteca como punto de unión: Onde alumnos, profesores e familias comparten historias.
-
A creatividade viva: Como demostran os autores e autoras que nos visitan para darlle voz ás súas obras.
24 de outubro de 2025

Bookdates
20 de febreiro

Contacontos: "Onde habitan as historias"
Neste espazo, os libros cobran vida. No noso apartado de Contacontos, abrimos as portas a escritores, ilustradores e narradores que visitan a biblioteca para converter a lectura nunha aventura compartida.
É moito máis que escoitar unha historia: é un lugar para o asombro, a risa e a descuberta. Queremos que os máis pequenos sintan o pracer de ler a través das voces de quen crean a maxia, fomentando a súa imaxinación nun ambiente acolledor e divertido.
Últimas Novidades
Unete á nosa comunidade!

