"Sen biblioteca, que temos? Nin pasado nin futuro"

Biblioteca Amor de Dios

O Colexio Amor de Dios conta cunha biblioteca que pretende converterse no cerebro e o corazón do noso centro educativo.

O cerebro porque a lectura é alimento para o noso entendemento, proporciónanos as ferramentas para acceder a información, entender o que significa, incorporala ás nosas vidas e facer de nós cidadáns e cidadás responsables.

Pero tamén se preocupa do noso corazón. Os libros son xanelas abertas a outros mundos, a outras realidades que enriquecen a nosa e, ao redor dos libros, técense redes con outros que coma nós gozan coa lectura.

Por iso estamos aquí para a nosa comunidade educativa: familias, alumnado e profesorado.

Club de Lectura

Ola a todos e todas desde o club de lectura Literatol@s.

Somos un grupo de “tolos e tolas” unido polos libros e as gañas de compartir as nosas experiencias coa lectura.

Animámosvos a que vos unades a nós e, xa sabedes: “Se te aburres, le”

Eventos Biblioteca

Recomendacións Biblioteca Amor de Dios

  • Poesía e emoción: para coñecer a fondo a vida e os versos de Gloria Fuertes.

  • Fantasía e grandes historias: da man de autoras como Laura Gallego, con viaxes inesquecibles e personaxes femininas cheas de forza e superación.

  • Lecturas engaiolantes e misterio: historias perfectas para ler na toalla ou nas tardes de calor.

Dálle ao play, inspírate coas súas propostas e atopa o libro ideal para que che faga compañía neste curso.

Día das Bibliotecas

O 24 de outubro de 2026 celebramos o Día das Bibliotecas, e no Colexio Amor de Dios queremos facelo dun xeito especial. Para nós, a biblioteca non é só un lugar cheo de estantes e libros; é un espazo de encontro, un refuxio de imaxinación e a porta de entrada a mil aventuras sen saír do centro.

Esta data lémbranos a importancia de protexer a cultura e o libre acceso á lectura.

II Día da Poesía

O día 21 de marzo conmemórase o Día da Poesía.
Este ano, esta data coincide en sábado así que desde a Biblioteca tomamos a decisión de adiantar a conmemoración años días 16, 17 e 18 de marzo, tendo como tema central a POESÍA CREATIVA, con actividades para o alumnado de E. Primaria, ESO e Bacharelato.

21 marzo 2026

Día do Libro

Este mes, o mes no que se conmemora o Día do Libro, no noso cole recibiremos a
Fina Casalderrey, Anxo Fariña e o grupo Trécola Teatro, dentro das actividades de animación á lectura dirixidas ao alumnado de E.Primaria

Abril 2026

Contacontos: "Onde habitan as historias"

Neste espazo, os libros cobran vida. No noso apartado de Contacontos, abrimos as portas a escritores, ilustradores e narradores que visitan a biblioteca para converter a lectura nunha aventura compartida.

É moito máis que escoitar unha historia: é un lugar para o asombro, a risa e a descuberta. Queremos que os máis pequenos sintan o pracer de ler a través das voces de quen crean a maxia, fomentando a súa imaxinación nun ambiente acolledor e divertido.

Novidades

Unete á nosa comunidade!