O Plan de Convivencia é o documento marco que recolle as accións destinadas a velar pola convivencia e o benestar de toda a comunidade educativa. Recolle as medidas preventivas, de sensibilización e intervención que teñen a finalidade de potenciar a cultura de paz e o fomento das relacións respectuosas, así como as canles de colaboración e coordinación entre as persoas integrantes da comunidade educativa.

Novas Tecnoloxías e Redes Sociais

O acceso tecnolóxico actual ofrece un mundo infinito, pero o seu uso na infancia e adolescencia require prudencia, acompañamento e supervisión adulta para evitar efectos negativos no desenvolvemento cognitivo e emocional. As redes sociais, aínda que facilitan a conexión, presentan riscos específicos como o ciberacoso e perigos para a privacidade.

Normas de Convivencia

 

 

 

 

En calquera contexto son necesarias unhas normas de comportamento que orienten a cada participante no xeito de conducirse. A maioría delas poden entenderse desde o sentido común e o respecto á convivencia, non debería ser necesario recordalas. Non obstante, seguindo as normativas actuais non está de mais que as mesmas poidan ser identificadas por todos e todas.
As presentes normas son de obrigado cumprimento para todo o alumnado e pretenden garantir un clima de respecto e traballo conforme ao noso Ideario.

Punto Laranxa Amor de Dios Vigo

O noso centro non é só un edificio, é o espazo onde medramos xuntos. Para que este sexa un lugar seguro, xusto e onde todos nos sintamos ben, a túa voz é a ferramenta máis importante.